Skip to main content
Xermade

Lousada de Abaixo celebra as súas festas esta fin de semana

Por 25 Abril, 2023Sin comentarios

Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 29 e domingo 30 de abril. 

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa solemne e procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles. 

A verbena da noite volverá contar coa actuación da orquestra Los Españoles e tamén co dúa La hora Bruja. 

O domingo a misa con procesión será tamén ás 13.30 e para rematar unha sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina. 

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.