Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

Lourenzá acolle o domingo 14 o Campeonato Provincial de Patinaxe artística de Grupos Show

Por 12 Maio, 2023Sin comentarios

O concello de Lourenzá acolle o vindeiro domingo 14 de maio o Campeonato Provincial de Patinaxe artística de Grupos Show.

Esta cita dará comezo ás 12.00 horas no pavillón municipal, e segundo as previsións participarán máis de 50 patinadores de diferentes entidades deportivas lucenses.

Sen lugar a dúbidas, este, será un día sinalado na traxectoria da escola laurentina e dende a directiva queren recordalo ao grande, polo que piden a toda a veciñanza que asista ao evento.