Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Vista Alegre de Burela acolle hoxe o último encontro da Liga para as Guerreiras Laranxas e a homenaxe a Peque

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

Este sábado día 20 de maio ás 18.00 horas disputarase o encontro da xornada 29 de Primera Federación de Futsal Feminino, Pescados Rubén Burela FS – Gran Canaria Teldeportivo FSF no Pavillón Vista Alegre de Burela.

Antes do encontro, ás 14.00, organizouse unha “Festa dos Callos Laranxa” no pavillón veciño, Monte Castelo, donde con previa reserva os afeccionados e veciños de Burela se reunirán para pasar un bo rato e prepararse para os dous partidos da tarde. Sendo o último encontro da Liga regular en Vista Alegre para as Guerreiras Laranxas, haberá un acto previo cunha homenaxe á capitá Peque, que se despide do club esta tempada.

PEQUE

Patricia González, Peque, non foi unha xogadora máis en Pescados Rubén Burela FS. A capitá fixo gozar en diferentes etapas, do seu xogo e paixón en Burela, sendo unha parte importante do club, os seus éxitos deportivos e os seus avances sociais.

Peque chegou a Burela na tempada 2011-12, permanecendo no club 5 anos. Na tempada 2018-19 volveu dende Italia e formou parte, como unha da xogadoras clave, do mellor momento histórico deportivo do Pescados Rubén Burela FS.

Durante este tempo Peque conseguiu 4 Ligas nacionais, 6 Copas da Raíña, 5 Supercopas de España, gañar a 4Nations Futsal en Italia, a Futsal Women’s European Champions en Lugo e 5 Copas Galicia. Ademais, durante este período tamén gozou de grandes éxitos coa Selección Española, logrando 3 Eurocopas.