Skip to main content
BurelaMar AMARIÑAXA

A nave de redes do porto de Burela acolle hoxe a inauguración da XIX Feira Expomar

Por 10 Maio, 2023Maio 11th, 2023Sin comentarios

Hoxe inaugúrase a 19ª edición da Feira Expomar que promete superar todas as marcas de anos  anteriores e presenta un programa de actividades moi completo, que inclúe desde  exposicións de barcos dentro da feira ata as citas anuais máis imprescindibles para o sector profesional, como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que se  celebrarán o xoves e o venres.

Dentro deste abanico de eventos destaca a celebración do pleno do Consello Galego de  Pesca, que cambiará a súa habitual sede en Santiago para reunirse en Burela dentro do marco de Expomar 2023, presidido pola Conselleira do Mar e  xuntando aos principais representantes da pesca en Galicia para tratar os temas de maior  interese para o sector.

O programa de actividades inclúe novos contidos e actividades paralelas que se suman á  tradicional oferta deste certame. A carpa anexa á nave de redes acollerá o “Espazo  Abanca”, punto de encontro de profesionais, ademais do habitual servizo de restauración  e varios puntos de exposición, entre os que destacará un barco camaronero de 12 metros  de eslora e 4,5 metros de manga e outros vehículos do Servizo Marítimo da Garda Civil. Ao longo dos días da feira tamén se poderá visitar a exposición “A Mariña Sumerxida”  con fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández, patrocinada polo GALP A Mariña  Ortegal.

Tamén se celebrarán xornadas de portas abertas en diferentes embarcacións amarradas  no porto de Burela, como o Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen”, do Concello de  Burela, ou o “Sar Gavia”, de Salvamento Marítimo. Mércores e xoves poderá visitarse  tambien a patrulleira “Río Paz”, da Garda Civil, e venres e sábado fará o mesmo o  patrulleira “Río Luna”, construída recentemente en Astilleros Armón Burela.

Desde este mércores 10 de maio o porto de Burela convértese máis que nunca na capital  do mundo da pesca e a náutica, celebrando unha feira Expomar que supera os 5.000  metros de exposición e que busca superar a cifra de negocio xerada por expositores e  visitantes profesionais durante a última feira, con máis de 300 marcas comerciais  representadas e converténdose seguramente na edición máis internacional e de maior  relevancia global dentro dos sectores da pesca e a industria naval.