Skip to main content
Alfoz

Un ano máis, o Concello de Alfoz apoia ás distintas asociacións, clubs e entidades locais

Por 13 Maio, 2023Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Alfoz apoia ás distintas asociacións, clubs e entidades locais no desenvolvemento de diferentes actividades nos eidos culturais, deportivos, educativos, de festas, etc. a través de varias liñas de subvencións municipais. O investimento total é de 24.598,46 euros.

Así, 1.240,16 euros están destinados ás actuacións deportivas do ANPA do CEIP Castro de Ouro e as comparsas Alfoz-Valadouro. 867,10 euros son para as actividades educativas e formativas do ANPA do CEIP Castro de Ouro, e para actividades culturais destínanse 5.383,28 euros repartidas entres as asociacións de veciños de Sebastián de Carballido, O Castelo, Comparsa Alfoz-Valadouro, San Vicente de Lagoa e Pena Abaladoiro O Pereiro.

Para as festas parroquias destínanase 7.000 euros, para adornos de Nadal 1.500 euros, en subvencións nominativas 8.607,92 euros, e as non solicitadas polos beneficiarios 12.250 euros.