Skip to main content
Alfoz

A casa da cultura de Alfoz acollerá unha divertida recreación da vida de Francisco Fernández del Riego

Por 27 Maio, 2023Sin comentarios

O sábado, 3 de xuño, ás 20.30 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz o grupo Trémola presentará Unha nova Galaxia, divertida recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este 2023 o Día das Letras Galegas.

Ao remate da función entregaranse os premios de debuxo e narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca.

Os gañadores competirán logo a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo