Skip to main content
Alfoz

Alfoz contará cunha charla formativa para aprender a coidar dos oídos

Por 27 Maio, 2023Sin comentarios

Ás 18.00 horas do luns, 12 de xuño, no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, haberá unha charla formativa para aprender a coidar dos oídos.

Estará impartida polo persoal de Coidados Porta a Porta que os días 8, 9 e 12 de xuño estará en Alfoz.

A actividade é aberta ao público en xeral, gratuíta e sen necesidade de inscribirse antes.