Skip to main content
Barreiros

O alcaldable do PP de Barreiros debullou as principais liñas coas que queren traballar “se chegan a gobernar”

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

A reponsable do Goberno galego de infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez visitou esta tarde Barreiros para acudir ao mítin do PP da localidade xunto ao coordinador xeral do PP provincial, José Manuel Balseiro Ourol, e o deputado no Congreso, Jaime De Olano, no que arroupou ao candidato á alcaldía, José Manuel Gómez Puente, e apoiou o seu proxecto político en materia de infraestruturas.

Ethel Vázquez destacou que José Manuel Gómez puente é un candidato que coñece “ao dedillo” o seu municipio e manifestou o compromiso de colaborar para resolver o problema de vertidos na praia de Arealonga e para mellorar o saneamento de San Miguel de Reinante.

Precisamente durante o encontro o alcaldable destacou as principais liñas coas que queren traballar se chegan a gobernar. Unha das máis importantes, en materia de infraestruturas é “conseguir a depuradura de San Miguel de Reinante” porque, entre outras cousas, “sen a depuradora a praia de Arealonga seguirá estando pechada ao baño nunha parte”. Os núcleos de San Miguel e Reinante carecen de sistemas adecuados de depuración, pois as respectivas depuradoras están obsoletas, e os problemas quedan en evidencia, sobre todo en tempada estival polo aumento da actividade turística. É frecuente tamén as notificacións de positivos en contaminación microbiolóxica por presenza de bacterias fecais e que impiden o uso da zona de baño.

Para para Barreiros, di Gómez Puente, outro dos asuntos a tratr con máis urxencia é o déficit de socorristas nas prais do municipio durante a tempada de verán. “Cando gobernaba o PP en Barreiros tiñamos un servizo de socorristas referente en toda a Mariña e precisamos volver a telo para dar seguridade nas praias aos nosos veciños”, explica o candidato.

VOTO ÚTIL

Olano recorda que o BNG dicía que o PP iba pechar o Hospital da Costa e, sen embargo, investiu 20M€ na súa mellora, mentras que o BNG nada executou durante o tempo que estivo no Goberno da Xunta. “E foron os nacionalistas os que
fixeron posible que Sánchez sexa hoxe o presidente do Goberno. Foi o BNG o que apoiou un Goberno defende aos okupas e que non fixo nada polas mulleres coa Lei do solo si es si que permite que os violadores saían da prisión”, afirmou. Neste senso, destacou a importancia de que, a partires do domingo, haxa unha Deputación que goberne “para todos igual porque todos pagamos impostos e, entre todos, a finais de ano, levar a Feijóo á Moncloa”.

Pola súa banda, José Manuel Balseiro, apelou ao voto útil, xa que “se non cambia o goberno local, Barreiros irá a peor. Em ademais, hai que ter conta, dixo, que as obras importantes deste concello foron feitas polo PP”.