Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados campamentos de verán para nenos

Por 31 Maio, 2023Xuño 1st, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados campamentos de verán para nenos nados entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2019.

O horario destas actividades será d eluns a venres de 9.30 a 13.30 horas dende o 1 de xullo ao 31 de agosto, e desenvolveranse en quendas de 15 días naturais.

Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9.00 a 9.30 para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo, os nenos serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.

Este campamento contará con actividades de robótica, saídas e excursión, xogos e talleres para o tempo de ocio.

Toda a información relacionada cos campamentos así como as fichas de inscrición estarán dispoñibles na web municipal www.concellodebarreiros.gal.