Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Burela acollerá mañá sábado a Maratón Urbana de Special Olympics

Por 5 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela acollerá mañá sábado a Maratón Urbana de Special Olympics que atraerá a participantes de colectivos de toda Galicia, xunto a FADEMGA e á Fundación Eu Son, entidades coas que colabora a institución provincial.

Burela acollerá o vindeiro sábado a 25 edición desta competición, que forma parte do programa deportivo que, anualmente, leva a cabo a entidade galega para promover a práctica deportiva entre as persoas con capacidades diferentes e ao que a Deputación de Lugo achega 8.000€.

Mayra García Bermúdez felicitou ao Concello por respaldar o evento e quixo facer un recoñecemento especial para “os atletas, para as súas familias e para todo o equipo de colaboradores e voluntarios que fai posible a maratón”. “Falar de deporte é sempre falar de valores, pero poucas veces isto é tan certo como nos certames de Special Olympics. Un exemplo do deporte como exercicio de esforzo persoal, de convivencia e de integración social”, afirmou.

Así mesmo, quixo dar valor ás actividades de Special Olympics, que “poñen sempre o acento en todo aquelo que nos une: a capacidade de loita e o desexo de superar os retos. Todas e todos aspiramos a gañar e, en caso de non poder facelo, a competir de xeito valoroso, leal e con respecto ó contricante”.

“Hoxe presentamos unha fermosa e apaixonante xornada de deporte e de convivencia, e, sen querer facer trampas, xa podo quen vai gañar: o conxunto da sociedade”, subliñou a Deputada.

A proba sairá o sábado, ás 12:00 horas, da Praza do Concello de Burela e percorrerá algunhas das rúas principais da localidade, como Pardo Bazán ou Rosalía de Castro. Está previsto que compitan máis de 150 atletas, que estarán acompañados de 37 adestradores.