Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A maxia chega a Burela o sábado 10 de xuño co espectáculo The Magic Show

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

A maxia chega a Burela o sábado 10 de xuño co espectáculo The Magic Show tributo familiar a Harry Potter.

Unha cita indispensable para os amantes da maxia en directo, que gozarán de 75 minutos con actuacións que prometen deixar ao púbico abraiado, como xa o fixeron durante a súa xira polos teatros de todo o país.

Desde a organización do evento subliñan que se trata dun espectáculo perfecto para gozar en familia, no que nenos a partir de catro anos e maiores poidan gozar dos feitizos e a maxia do mago máis coñecido do planeta.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles por 12 euros máis gastos de xestión.