Skip to main content
Cervo

Aberto o prazo para a Escola Infantil de Cervo

Por 10 Maio, 2023Maio 11th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo abriu o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal.

As familias teñen ata o 9 de xuño para formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello. Os formularios están dispoñibles na Escola Infantil, na casa da cultura e no Concello

A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Cibrao na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.