Skip to main content
Cervo

Tres maiorías absolutas do PP en Cervo

Por 16 Maio, 2023Maio 17th, 2023Sin comentarios

Alfonso Villares, do Partido Popular, quere revalidar a Alcadía coa que goberna con comodidade fronte a unha oposición do Bloque Nacionalista e do Partido Socialista, para elo espera volver a ter o suficiente apoio nas urnas

O PP aspira a revalidar a maioría absoluta que conseguiu nos dous anteriores comicios, con 7 edís. Así, Alfonso Villares volve encabezar unha lista na que se rodea de gran parte do equipo que o acompañou neste últimos tempos. O PSOE presenta para estes comicios unha nova candidata, Luján Ramos, que estaba de segunda na lista do 2015, e que intentará sumar representantes vermellos no Concello para exercer o seu labor na oposición, ou pola contra, conseguir os votos suficientes. Por outra banda, o BNG representado novamente por Diego Fernández, buscará darlle a volta ás tornas dos votantes, e levar o modelo BNG á Alcaldía.

PP. O candidato popular, Alfonso Villares, presentou o equipo que o acompañará para concorrer ás eleccións municipais do próximo 28 de maio. Unha candidatura composta por vinte veciños e veciñas “con moita ilusión, forza e iniciativa para seguir traballando por e para Cervo, por e para cada un dos veciños do noso Concello os próximos catros anos”.

Villares volve rodearse do equipo ao completo que o acompañou nos anteriores comicios do 2019, “con acreditada experiencia e capacidade de traballo” e incorpora a catro veciños, Adrián Arias Díaz, Inoa Pardo Mariño, David Manuel Mon Pampín e Alfredo Ben Quelle, “con moitas ganas, ideas renovadoras e proxectos de futuro para Cervo”, perfectamente coñecedores da realidade do noso Concello.

Así o explicou o candidato popular, que remarcou “mantemos o mesmo equipo que fai catro anos e incorporamos caras novas, dá gusto contar con xente nestes tempos con tanta ilusión e ganas de participar na política e de facer que o noso concello siga prosperando”.

O rexedor e candidato á reelección definiu ás 20 persoas que conforman a lista como “un equipo de veciños e veciñas que traballamos na mesma liña: por e para Cervo”. É unha candidatura “reforzada” ao contar con membros do actual goberno local á que se suman “máis persoas que dan o salto á política”.

Villares incidiu en que “a candidatura popular está reforzada en ilusión, ganas, experiencia e xuventude” que considerou “os mellores avais para presentarse ante os veciños e traballar por e para Cervo, dende os diferentes ámbitos, tal e como fixemos nos últimos anos”. De feito, o popular ostenta a alcaldía dende o ano 2007 e opta a un quinto mandato ao fronte do consistorio de Cervo.

O popular tamén explicou que “despois dunha boa xestión financeira ao longo destes anos, o Concello está agora libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos”. Polo tanto, “agora hai moitas máis posibilidades de reforzar as políticas públicas”.
Villares tamén é vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, o que lle serve para coñecer a problemática do seu concello e da comarca en xeral.

BNG. O BNG presentou a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do 28 de maio. Son 18 veciños comprometidas co futuro do concello desde diversos frontes e sectores.

O candidato Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoría de Alcoa, actual portavoz municipal na Corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo ten que vir da man do proxecto BNG, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello BNG é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou.

O candidato nacionalista anima veciñanza a traballar por levar a todos os concellos o modelo municipal do BNG “que tan bos resultados para a cidadanía está dando xa en moitos municipios da Mariña e do país”.

PSOE. Luján Ramos Ben é a candidata socialista á Alcaldía. “Por primeira vez encabezo a candidatura do PSdeG para reafirmar o meu compromiso coa veciñanza do meu pobo, e ao mesmo tempo, para traballar polo futuro do meu concello, con humildade e dende a responsabilidade que merece este posto”, dixo. Ramos Ben destacou que a candidatura inclúe xente moza, “que por primeira vez quere participar activamente en política”.

Polo que respecta ao programa electoral, “xa iniciamos contactos con colectivos para que nos trasladen as súas prioridades. Entre todos e todas, temos que facer un concello mellor, máis dinámico e con máis proxección de futuro”. Nesta liña, avanzou que unhas das prioridades na súa folla de ruta pasa por impulsar melloras nas infraestruturas viarias do municipio.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Luján Ramos Ben
2. J. Benito Díaz Docando
3. Amado Ballesteros González
4. Lorena Pardo Quelle
5. Manolo Rodríguez Rodríguez
6. Xosé Fernández Segurado
7. Pedro L. Rodríguez Ben
8. Sonia Méndez López
9. Rafael Muíño Gómez
10. Joaquina Baño Vázquez
11. Almudena Cayón Rivas
Suplentes:
1. Francisco Mon Fernández
2. Marina Gómez Cobas
3. Antonio González Villares

BNG

1. Diego Fernández Martínez
2. Zulema Murado Sánchez
3. David Angel Villares Sánchez
4. Sonia Vidal Cervo
5. Xorxe Caldeiro Díaz
6. María Pilar González Rey
7. Eden Vázquez Pillado
8. Lucía Limeres Pillado
9. Iban Sánchez Rodríguez
10. Ana Pampín Fernández
11. Moisés Teixeira Palmeiro
Suplentes:
1. Carmen Ventoso Lista
2. Adrian Cordido Eijo
3. Tareixa Lorenzo Oroza
4. Pablo Lourenzo Quatra
5. Xoan Anton Estua García
6. María Fernandez Rei
7. Ramón Luis Bernardo Insua

PP

1. Alfonso Villares Bermúdez
2. María Dolores García Caramés
3. Manuela Méndez Álvarez
4. Adrián Arias Díaz
5. Alfredo Antonio Fernández Casas
6. María Concepción Pilar Armada
7. David Rodríguez Pernas
8. José Manuel Balseiro Orol
9. Inoa Pardo Mariño
10. María Isabel Rivas Pernas
11. David Manuel Mon Pampín
Suplentes:
1. María Carmen Fernandez Polo
2. Alfredo Ben Quelle
3. Diego Campo López
4. Yolanda Pedreira Cruz
5. José Antonio Gallego Rodríguez
6. Inés Cobas Balseiro
7. Denise Galán López
8. Plácido Pérez Otero
9. Antonio Basanta Fernández