Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo está a renovar estes días a sinalización de todo o termo municipal

Por 21 Maio, 2023Maio 22nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo está a renovar estes días a sinalización de todo o termo municipal que afecta ao conxunto dos núcleos de poboación e aos diferentes indicativos direccionais do concello.

Tal e como informou o rexedor, Alfonso Villares, o orzamento supera os 70.000 euros (74.838,50 euros concretamente) todos eles fondos das arcas municipais procedentes do remanente de tesourería, e inclúe a fabricación, o subministro, e a montaxe da sinalización direccional e das placas cos nomes dos diferentes núcleos de poboación, incluíndo a retirada e o relevo dos elementos antigos.

Tal e como apunta Villares, con esta iniciativa o que pretendemos é homoxeneizar a imaxe do concello, reforzando a identidade de Cervo, e tamén é un reforzo a nivel turístico, porque cada recuncho quedará perfectamente identificado.

Todos os elementos orientativos -736 concretamente- están construídos con materiais altamente resistentes aos axentes meteorolóxicos, de alta calidade de forma que garantan a súa durabilidade e faciliten o seu posterior mantemento.