Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Volve o Run Foz Run Summer Camp

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

O Run Foz Run Summer Camp é un campamento que promove a Run Foz Run para os meses de verán. Así os pequenos poden desfrutar do tempo de vacións e promover a aprendizaxe a través do deporte e xerar novas experiencias que os nenos lembrarán sempre.

O principal obxectivo é que os nenos de 6 a 17 anos “páseno ben e crezan como persoas, cuns valores que lles sirvan para hoxe e para o futuro e grazas ao deporte, como fío condutor e ao noso gran equipo humano estamos convencidos de que gozarán dunha experiencia única e enriquecedora”, din dende a organización.

O fío condutor será o deporte: fútbol, baloncesto, atletismo, surf, kaiak… e temos preparadas múltiples actividades de carácter lúdico como excursións, xogos, competicións, gimkanas, playbacks, concursos, procura do tesouro, algunha visita especial e sorpresas que pronto descubrirán.

Esta cita será en Cangas de Foz, no centro da Mariña, unha perfecta combinación de mar, praia, montaña… e unhas intalaciones perfectas como epicentro do campamento; con campo de fútbol, sala de teatro, pavillón, bancadas, vestiarios, sala de computadores, ximnasio, cafetería…

O campamento desenvólvese todos os luns, martes e mércores de verán. Concretamente durante xullo e agosto. Iniciándose o 3 de xullo e finalizando o 24 de agosto.
O horario do campamento é de 09.30 horas a 13.00 horas.

Para realizar correctamente a inscrición deberá ingresarse a cantidade correspondente segundo a opción seleccionada e enviar a folla de inscrición escaneada xunto ao xustificante de pago ao email runfozrun@gmail.com. Para calquer consulta será necesario chamar 659 996 670 ou na web.