Skip to main content
Foz

O PP de Foz di que o novo rueiro impón o cambio de numeración de case todas as vivendas da zona rural

Por 9 Maio, 2023Sin comentarios

O PP de Foz avisa de que o novo rueiro impón o cambio de numeración de case todas as vivendas da zona rural e insta ao alcalde a expoñer o documento sen máis demora.

En política, ás veces as cousas son o que parece e, en Foz, parece que o alcalde está esperando a que pasen as eleccións locais para expoñer o novo rueiro, probablemente porque ten medo a reacción dos veciños cando coñezan que a práctica totalidade das casas da zona rural cambiarán de número”, di o portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, avisa deste feito e das súas consecuencias e pide explicacións a Cajoto.

Castiñeira sinala: “No ano 2021, o goberno bipartito de Foz (PSOE-BNG) contratou a modificación do rueiro do municipio, cun custo de case 18.000 euros, con cargo ao Plan Único. Ao non saber nada , o PP preguntou no pleno varias veces e o alcalde dixo que  estaba pendente de elaboración.  En outubro do 2022 asegurou que xa estaba  listo e, como dende entón non sabiamos nada deste asunto, o PP pediu ver ese documento e chámanos a atención que practicamente a totalidade das vivendas das parroquias teñen que cambiar de número, cos problemas administrativos importantes que iso supón”.

Os populares queren que o alcalde explique cal a razón pola que retrasa a exposición ao público do novo rueiro. Castiñeira di: “O alcalde non quere enfrontarse á decisión de dicir aos veciños das parroquias que, practicamente todos, van ter que cambiar os número que teñen as súas casas; tamén moitas do núcleo urbano”.  O alcalde -asegura Castiñeira- ten que dar explicacións; parece -sinala- que “está esperando que pasen as eleccións”. O portavoz popular apunta: “Parece que oculta algo aos veciños, porque non é lóxico que un traballo que parece estar pagado xa non se expoña ao público”.