Xa se coñecen os nomes das persoas gañadoras do sorteo do día da nai de Acia Foz CCA, que repartiu 1.500 euros en premios.
As 15 afortunadas e afortunados, premiados con 100 euros en vales de compra cada un son:
- Pepi García por unha compra realizada en Ofifoz
- Antonio Ortiz en Xoyma
- Ana Rosa Sante en Infotec
- Saturnino Fernández en Electricidad Núñez
- María Lago en Dermoterapia
- Inés Paz por unha compra realizada en Librería Bahía
- Elida Fernández en Fauna
- Ana Peláez en Longarela
- Elena Martínez en Chuvia
- Gema Vázquez en Kukadas
- Vanesa Álvarez en Vass
- María José Pérez por unha compra realizada Ginzo
- Begoña López en Clínica Maasaude
- Isabel García en Decoraciones Pura
- Nuria Fernández en Lourdes Moda
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de Acia Foz CCA, Ana Segade.
A entrega de premios terá lugar mañá, venres, ás 20:00 horas no Cenima.
