Skip to main content
Foz

O programa Aberto x Vacacións de Foz, ten programado un verán cheo de diversión para os nenos

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

A Delegación de Xuventude do Concello de Foz ten programado un verán cheo de diversión para os nenos, no que realizarán unha morea de actividades de luns a venres.

Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,… e en horario de 10.30 a 13.30 horas. Para os/as que necesitan unha maior conciliación, dispoñemos da opción Érguete, con inicio ás 9.00 horas.

O programa Aberto x Vacacións estará formado por dous grupos, segundo as idades. As prazas son limitadas polo que o proceso constará de: preinscrición, publicación de persoas admitidas e formalización de inscrición.

Terán prioridade aqueles nenos cuxos proxenitores traballen durante as quendas solicitadas, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación (entrega de documentación acreditativa durante a preinscrición ou non será tida en conta a prioridade), os/as menores empadroados/as no Concello de Foz a data 16/05/2023, irmáns preinscritos/as, así como alumnado das EDM.

A preinscrición realizarase a través do envío do formulario debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico: axv2023@concellodefoz.es. A listaxe dos códigos das persoas admitidas será publicada na sección de Novas da web do Concello de Foz (www.concellodefoz.gal), despois da realización das comprobacións e do sorteo.

O envío de preinscrición finaliza o 31 de maio e publicaranse a listaxe o 8 de xuño.