Skip to main content
Foz

Fran Cajoto propón actuar no Campo da Cabana e na zona da Rapadoira, transformando Rego de Foz

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

O PSdeG-PSOE de Foz quere avanzar en accesibilidade e seguridade viaria, creando un entorno urbano amable e atractivo. “Actuamos en rúas como Costa do Castro, na que agora por fin dispoñemos de beirarrúas ao Cemiterio, unha demanda histórica. Tamén en Julia Minguillón, rúa na que se completou a urbanización e se fixo realidade a conexión coa Galiña Azul. A rúa Limoeiros transformouse nunha praza na parte máis próxima ao peirao e dotamos de seguridade á entrada desde Vilaxoane coa disposición de pasos de peóns elevados para calmar o tráfico e unha nova beirarrúa”- declara o actual alcalde e candidato socialista.

“Sen embargo, queda moito traballo pendente. Na actualidade estase a reurbanizar a baixada ao Campo da Cabana desde a Glorieta de Vilalba e o entorno da Praza de Galicia e proximamente se contratará a mellora do entorno da Sala Bahía, na que se inclúe a ampliación do patio da escola infantil da Galiña Azul”- destaca Fran Cajoto- “Queremos seguir avanzando: o Campo da Cabana e as rúas próximas necesitan unha reforma completa, na que tamén se renove a rede de saneamento. No entorno da Rapadoira queda tamén moito traballo pendente: queremos transformar Rego de Foz no eixo central de conexión co paseo marítimo. Estamos construíndo unha vila ordenada, en base ao Plan de Mobilidade que se proxectou entre todos e que nos permite actuar de forma planificada. En Foz non se poden repetir erros como provocar atascos de 45 minutos en verán coas dúas rúas principais no mesmo sentido de circulación”