Skip to main content
Foz

Fran Cajoto califica o Terceiro Acceso como a “constatación da transformación de Foz nunha cidade”

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

O PSdeG-PSOE de Foz levou no programa electoral do ano 2019 a elaboración dun Plan de Mobilidade e cumpriu a promesa electoral feita. “A xestión dun Concello como Foz require moita planificación: estudar, proxectar, presupostar e executar as obras. O caos que se xerou no anterior mandato cando se dispuxeron a Av da Mariña e Álvaro Cunqueiro no mesmo sentido de circulación non se pode repetir de ningún xeito, o goberno é algo moi serio”.

O Concello de Foz realizou neste mandato un Plan de Mobilidade no que participaron asociacións veciñais e partidos políticos e que marca as liñas para converter Foz nunha cidade accesible, sen barreiras arquitectónicas, cómoda e se problemas de tráfico. En palabras do actual alcalde e candidato: “Xa se están a ver moitas actuacións que marcaba o Plan de Mobilidade, como a reurbanización de Irmandiños, as beirarrúas en Julia Minguillón, o calmado de tráfico e mellora de seguridade en Vilaxoane ou a urbanización de Costa do Castro coas beirarrúas ata o cemiterio”.

A rúa Costa do Castro vaise a converter nun acceso ao núcleo de Foz, descargando de tráfico as entradas desde Forxán e Vilaxoane. “O Ministerio de Transportes comprometeu 2,5 millóns de euros para o Terceiro Acceso, que conectará a variante de Foz coa estrada ao Bispo Santo e co Cemiterio de Foz. Neste momento estase a rematar de redactar polo Ministerio de Transportes o proxecto construtivo. Imos estudar a configuración e os sentidos de circulación na rúa Bispo Santo para que se transforme nun vial seguro para os veciños de Marzán e a regulación dos semáforos da Fonte de Marzán vai ser tamén unha prioridade na próxima lexislatura, para que as veciñas e veciños de Marzán podan cruzar a Av de Viveiro con seguridade.”