Skip to main content
Lourenzá

O salón de actos do Concello de Lourenzá acolle a presentación do libro Lume aceso

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

Este xoves, día 11, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos (Manolo de Cartas) e Xosé López González (Pepe de Celeirao).

Ademais dos autores no acto intervirá a alcaldesa, Rocío López García, e haberá unha colaboración musical a cargo de Lino Rico Fernández e un recital poético de Esperanza Pérez Camba.

Este acto está incluído no programa de actividades das Letras Galegas 2023, dedicadas ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá, coa colaboración da Xunta de Galicia.