Skip to main content
Lourenzá

Foi inaugurada en Lourenzá a exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

Foi inaugurada a exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito, producida por Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023 en Lourenzá.

No Museo de Arte Sacro de Lourenzá, que acollerá a exposición durante os próximos meses. Esta exposición enmárcase na programación de máis dun centenar de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.