Skip to main content
Ourol

O ourolés Francisco Rodríguez proclamouse bicampión de España de loita de brazos

Por 27 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

O ourolés Francisco Rodríguez proclamouse bicampión de España de loita de brazos no campionato celebrado en Mallorca e tres anos despois do seu primeiro ouro nacional.

Así, Rodríguez enfrotouse na final ao representante local Vicent Ruiz e ademais foi o mellor na división de menos de 75 quilos coa dereita e o segundo coa esquerda.

Por outra banda, non poderá participar no Mundial que se celebrará o próximo mes en Casaquistán pois prefire seguir cos adestramentos para conseguir mellores resultados co brazo esquerdo. Así como os grandes gastos que supón o desprazamento a este país.

O mariñán é o presidente do único club de loita de brazos en Galicia, e é o máximo expoñente deste deporte na comunidade galega.