Skip to main content
A Pontenova

O documental sobre os segadores da zona de Órrea chega á Pontenova

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

O venres, 2 de xuño, ás 21.00 horas a casa da cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).

O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.