Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo aprobou o II Protocolo de Prevención, Detección e Atención á Violencia de Xénero desde o Ámbito Local

Por 12 Maio, 2023Sin comentarios

No salón de Plenos do Concello de Ribadeo, celebrouse unha importante reunión da Mesa de Traballo Interinstitucional de Violencia de Xénero. Durante a xornada, debateuse e finalmente aprobouse o II Protocolo de Prevención, Detección e Atención á Violencia de Xénero desde o Ámbito Local.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “o protocolo anterior, moi útil no seu momento, requiría un enfoque máis actualizado e completo pra afrontar a realidade actual da violencia de xénero na nosa sociedade”.

A edil ribadense subliñou que “o protocolo aprobado é unha ferramenta fundamental para garantir a protección das mulleres vítimas da violencia de xénero que  establece unha serie de medidas especificas e procedementos que deben seguir os profesionais implicados na atención e prevención da violencia de xénero, como os servizos sociais, sanitarios, educativos policiais e o CIM, entre outros”.

Freire Rancaño dixo que “ademais o Protocolo permite unha atención máis coordinada e eficaz entre os diferentes servizos implicados na atención ás vítimas de violencia de xénero e contribúe a unha maior sensibilización e concienciación social sobre a importancia de previr e erradicar a violencia de xénero”.

“Desde o Concello de Ribadeo valoramos moi positivamente a aprobación deste protocolo, xa que supón un importante avance na loita contra a violencia de xénero e na protección das mulleres que a sofren”, engadiu a concelleira de Igualdade.