Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Camariñas

Por 31 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Camariñas que se celebrará o día 7 de xuño a partir das 8.00 horas.

A viaxe está prevista con saída da gasolinera e contará con almorzo no restaurante Cadaval, viista á fervenza de Ézaro e comida. Pola tarde visitarase ás palilleiras en Camariñas e farase cea no restaurante Cadaval.

O prezo da viaxe, que ten hora de regreso ás 22.45, é de 35 euros por persoa e non hai límite de prazas.

As persoas que desexen anotarse deberán facelo antes do día 4 coas monitoras dos centros veciñais.