Skip to main content
Trabada

Como cada ano a asociación Cultural O Picato, de Trabada, convoca o seu concurso con motivo das Letras Galegas

Por 2 Maio, 2023Maio 3rd, 2023Sin comentarios

Como cada ano a asociación Cultural O Picato convoca o seu concurso con motivo das Letras Galegas, este ano o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego. haberá varias categorías, concurso de debuxo, de fotografía e de narración. A temática de todos eles será Galicia.

O prazo de presentación remata o 11 de maio ás 19.00 horas e haberá que presentar os traballos no Spar Express de Trabada ou mandalo por correo electrónico a asociacionculturalpicato@gmail.com.

Tódalas persoas participantes recibirán un agasallo e haberá premios para os dous mellores traballos de cada subcategoría.

O día 17 de maio, día das Letras Galegas ás 18.00 horas haberá unha actuación de Alba de Vales e os seus Contos arredor da terra, sobre diferentes tradicións orais e tamén cantos populares acompañados dun pandeiro.