Skip to main content
O Valadouro

O documental ‘El último de Arganeo’ chega ao Valadouro

Por 5 Maio, 2023Sin comentarios

O salón de actos do centro Ssocio-cultural, xuvenil e da terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro acolle o vindeiro domingo 7 a proxección do documental El último de Arganeo, que está dirixido por David Vázquez.

Sinopse: Despois de levar unha vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez decide regresar ás montañas e dedicarse ao pastoreo de cabras. “El último de Arganeo” recolle a historia dun rapaz fachendoso da súa labor e do seu vencello con os seus devanceiros e as tradicións dun xeito de vida ao borde da extinción.