Skip to main content
Vegadeo

A casa da cultura de Vegadeo acolle neste mes de maio varias obras de teatro

Por 1 Maio, 2023Sin comentarios

A casa da cultura de Vegadeo acolle o vindeiro venres 5 de maio ás 18.00 horas a obra Pinocho de Mar Rojo Teatro. Esta compañía, acompañada polos músicos do Arca de Mozart traen a escena esta versión do clásico de Collodi, con monicreques, actores e música.

Tres traballadores dunha vella carpintería, especializada na construción de instrumentos musicais, aburridos da súa rutina diaria, comezan a xogar cos obxectos e materiais que se atopan no taller, dando forma aos poucos á historia de Pinocho.

O seguinte venres, o día 12, e tamén ás 18.00 horas será a quenda de Recuerdos de Adrián Conde, un fabuloso espectáculo de maxia e teatro sobre as emocións e a resiliencia. Nesta obra Marcelino converteuse nun experto coleccionista de recordos. Son os seus tesouros más prezados, que garda, ordena, clasifica, coida, protexe… vive exclusivamente para iso, ancorado no seu pasado, encerrado na súa propia cabeza.

Rememora unha e outra vez cada un daqueles bos momentos, aqueles instantes de alegría, de risa e felicidade. Iso converteulle nun personaxe singular, extravagante, tenro e hurañou á vez. Marcelino ábrenos a porta do seu universo, un mundo mágico cheo de estanterías e caixóns repletos de cousas bonitas e recordos que non quere perder.

O sábado 20 ás 12.00 horas chegará Soy Cenizo de Guayominí Producciones, na que Cenizo é un neno moi especial; non sabe por que pero exprésase a través de rimas imposibles e iso fai que os demais non lle entendan. Ademais, acaba de herdar a fábrica de caramelos do seu pai falecido e non sente moi feliz: el quere ser maquillador, ese é o soño da súa vida.

O seu pai casouse, en segundas nupcias, cunha muller que non lle quere e as súas medio irmán, as Kardadasian sempre están a lle enganar… Imos, que isto é un culebrón do século XXI. Ah!! E que todo isto mesturámolo con cancioncillas pegadizas dos anos 80 e 90.

Como sempre, salvo que se indique o contrario, todas as actividades son gratuítas. Máis información destas e outras actividades na páxina web da biblioteca.