Skip to main content
Vegadeo

Vegadeo, un concello vermello

Por 24 Maio, 2023Maio 25th, 2023Sin comentarios

Nesta ocasión catro partidos son os que se enfrontarán por conseguir o bastón de mando

Desde 1979 o partido que máis tempo gobernou foi o PSOE, e o actual alcalde, César Álvarez Fernández e socialista, volve presentarse. No relativo á oposición, desaparece Ciudadanos e volve ao panorama Izquierda Unida

PSOE. César Álvarez é o candidato do PSOE á Alcaldía para revalidar o bastón de mando do concello asturiano. Leva gobernando desde 2015 con maioría absoluta. Álvarez tomou o relevo da popular Begoña Calleja, rexedora e que tras a súa derrota renunciou a súa acta de concelleira.

A Álvarez acompáñano na lista unha vez máis a topógrafa, Concepción Pérez; a administrativa Adriana Iglesias e o xubilado Carlos Iglesias, así como Ángel Enterrios, e Pablo Fernández.

PP. Armando Pérez encabezará por primeira vez a lista local do PP veigueño, co dobre reto de lograr arrebatar a Alcaldía ao PSOE e rearmar ao partido no concello pois atópase en mínimos históricos despois de gobernar en 2011 e pasar a ter tan só un concelleiro na oposición. Sen experiencia política previa, Pérez conta cun profundo coñecemento da Administración local, xa que acaba de xubilarse tras trinta e sete anos de traballo nas oficinas municipais de Vegadeo.

FAC. Virgilio López Rico será o alcaldable por Foro Asturias de Concejos. Xa presentou ao seu equipo de “once persoas dispostas a traballar por e para Vegadeo”. Leva de número dous Juan Seijo Pérez e de número tres a Asunción Arruñada González. López Rico é funcionario retirado da Garda Civil.

IU. Volve ao panorama político Izquierda Unida representada no veciño Gerardo Álvarez Pastur, para intentar colarse con algún escano na oposición.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Cesar Álvarez Fernández
2. Pablo Fernández Abuin
3. Rocio Garay Barcia
4. Ana María De La Osa Castro
5. Concepción Pérez Lamelas
6. María Guadalupe García Miranda
7. Carlos Iglesias Carbajales
8. Adriana Iglesias Villanueva
9. José Manuel García Carbajales
10. Claudia Rodríguez Insua
11. Ángel Enterrios Quintana
Suplentes:
1. Pilar Baldonedo Martínez
2. Isabel Castaño Marques
3. Arturo Alonso García

FAC

1. Virgilio López Rico
2. Juan Seijo Pérez
3. Asunción Arruñada González
4. María Luisa Colman Ruiz
5. Isaac Puga Díaz
6. Sonia Iglesias Ron
7. Pedro García Pérez
8. María Isabel Gómez García
9. María Rosario Rodríguez
10. José Antonio Rodríguez Lorenzo
11. Argentina Jiménez Suárez

IU

1. Gerardo Álvarez Pastur
2. Lucía Hevia González
3. Mónica Amor Del Canto
4. Aníbal Álvarez Hernández
5. María Del Mar Pico García
6. Pablo Montes Sedano
7. Evelia Olga Muñiz Menéndez
8. Ángel José Rivera Rojo
9. Ana Isabel Carreto González
10. Rogelia Fernández Braña
11. Sofía Iglesias Castaño
Suplentes:
1. Amador Fernández García

PP

1. Armando Pérez Álvarez
2. José Antonio Castro Álvarez
3. Ana Belén Prieto López
4. Oscar Rodríguez Villar
5. Elena Alonso Pérez
6. María Asuncion Ron Martínez
7. Iván Álvarez González
8. Andrés López Fernández
9. Noelia García Vidal
10. Alma María Lombardero
11. José María Lastra Marques
Suplentes:
1. Juana María Casteleiro Fernández
2. Jairo Quintana García
3. Gema Flórez López