Skip to main content
Vegadeo

O xato da vaca Silvallana, de Vegadeo, busca nome nun concurso infantil

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Vegadeo acolle estas semanas un concurso para buscarlle nome ao xato da vaca Silvallana. Este certema infantil está aberto ata o vindeiro luns 5 de xuño e nel poderán participar nenos de ata 12 anos.

A proposta para o concurso consiste en colorear o debuxo que se proporciona dende a oficina de turismo e escribir nel o nome que se lle queira poñer ao xato de Silvallana. Esta nome debe lexible e en maiúsculas, así como engadir o nome e apelidos do neno.

Para conseguir o debuxo podese descargar neste enlace, solicitalo por correo electrónico oficinaturismo@vegadeo.es, ou recollelo fisicamente na oficina.

O debuxo debe enviarse por Whatsapp ao teléfono da oficina de turismo 624 126 706 en formato JPEG, PNG ou PDF xunto cunha mensaxe no que se especifique: nome e apelidos dun pai, nai ou titor legal e do neno.

Expoñeranse os debuxos sen o nome dos nenos durante a Feira de mostras que se celebrará do 8 ao 11 de xuño para que presencialmente os asistentes voten o nome para o xato.

Unha vez terminada a Feira de Mostras contaranse os votos e publicarase o gañador nas contas de Instagram e Facebook da Oficina de turismo. Ademais escribirase unha mensaxe notificando a noticia ao número de teléfono co que se enviou a proposta.