Skip to main content
BarreirosO Vicedo

O BNG reclama unha Mariña conectada e con infraestruturas do século XXI

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

O deputado no Congreso Néstor Rego reuníuse con membros do BNG de A Mariña, entre os que estaban o candidato do Vicedo Miguel Gómez Fraga, o alcalde de Muras, a alcaldesa de Barreiros, o deputado Daniel Castro e o responsable comarcal Antonio Veiga,  nas pontes do Sor, punto de unión das comarcas de A Mariña e Ortegal, comarcas totalmente desconectadas desde que afastaron a Autovía do Cantábrico do occidente mariñao. Os nacionalistas reclaman unha Mariña conectada e acabar coas décadas de atraso que sufre en materia de infraestruturas. 

Fenda territorial, agravada na Mariña pola ausencia de infraestruturas

“A profundísima fenda territorial, con graves consecuencias a curto e medio prazo na Mariña se non se frea o seu avance, foi agudizada por un deseño de infraestruturas que tampouco tén en conta a mobilidade interna, con graves carencias nos servizos de transporte  colectivo de proximidade ou de conexión entre as diferentes vilas da Mariña, donde a A-74 Barreiros-San Cibrao e a VAP Costa Norte San Cibrao – Ferrol quedan reducidas a meros anuncios desde hai dúas décadas, donde o Feve segue esmorecendo, o transporte colectivo non cubre as necesidades de mobilidade da poboación, e mentras tanto os gobernos do Psoe e do PP no Estado e na Xunta siguen marxinando á comarca máis dinámica da provincia  xusto cando atravesa un dos seus momentos máis difíciles”, din os nacionalistas.

Néstor Rego, que levou ao Congreso en innumerables ocasións estas situacións mencionou  tamén como exemplo  do desleixo con que é tratada esta comarca,ao derrube da N-642 na entrada de Burela no mes de xaneiro, que de momento e catro meses despois  ainda está en reparación. “É inconcebible que en casos coma o do derrube da Areoura non existira nin exista ningún vial en condicións alternativo á N-642, o que vén a demostrar unha vez máis o total abandono das infraestruturas por parte do Estado na comarca da Mariña, que leva máis de dúas décadas agardando pola A-74 sen que ningún dos sucesivos gobernos de un e doutro signo fose capaz de construir nin un só km de autovía”.

Infraestruturas para facilitar a mobilidade, concello a concello

A mobilidade e tamén a conexión entre as diferentes vilas mariñás, é un dos temas que está no centro da acción política do BNG na comarca  e no centro dos seus programas, concello a concello. Neste sentido os nacionalistas consideran básico o transporte colectivo, por estrada ou ferrocarril, “porque eso mellora a vida das persoas, que son o centro da nosa acción política, pero para eso hai que dispoñer das infraestruturas correspondentes, infraestruturas necesarias tamén para a entrada e saída de mercadorías,  e aí os municipios mariñaos tenen que posicionarse claramente como fai o Bng desde os concellos donde tén responsabilidades de goberno ou desde as institucións donde tén presenza” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga.