Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro di que “creará a casa da cultura de Viveiro no antigo centro comarcal de Lodeiro”

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

Os independentes de Por Viveiro mantiveron unha xuntanza coa directiva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro no local que teñen cedido polo Concello no antigo centro comarcal.

Na xuntanza valoraron a situación actual no ámbito cultural en Viveiro e as necesidades que ten o noso Concello para mellorar a oferta, e que esta non se reduza só aos días importantes do calendario, senón a todo o ano.

Ademais os independentes anunciaron que como levaban no seu programa fai catro anos, e como se ten aprobado no pleno do Concello de Viveiro, o antiguo centro comarcal de Lodeiro, será baixo o seu goberno a “Casa da Cultura de Viveiro” un espazo que pretende ser referencia para exposicións, charlas, coloquios e demais actividade cultural.

O candidato á Alcaldía Bernardo Fraga declarou “Para nós a cultura é o centro da actividade social de Viveiro, apostamos por crear a Casa da Cultura en Lodeiro, unha pequena rede de museos no Casco Histórico e a posta en valor do noso Patrimonio Cultural”.

Por outra banda, tamén visitaron os xardíns Noriega Varela e máis a Travesía da Mariña, alí apostaron pola transformación e posta en valor da zona durante o vindeiro mandato.

Bernardo Fraga, candidato a Alcaldía declarou  ”A nosa aposta para a fachada marítima de Viveiro é un proxecto ambicioso de recuperación dos antigos xardíns nos Xardíns Noriega Varela e renovar a travesía da Mariña, mantendo o aparcamento e realizando unha actuación completa similar á Avenida de Cervantes, poñendo en valor a nosa fachada marítima e apostando pouco a pouco pola semipeatonalización das rúas no entorno do Casco Histórico de Viveiro.