Skip to main content
Viveiro

Mariña Gueimunde presenta “un programa valente e cheo de ideas novidosas para impulsar en Viveiro”

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, realizou un percorrido por Viveiro acompañando á candidata popular á Alcaldía, Mariña Gueimunde, e ao seu equipo.

A número dous dos populares galegos sinala que fronte a un proxecto esgotado e a falta de iniciativa da actual Alcaldía, Mariña Gueimunde presenta un programa valente e cheo de ideas novidosas para impulsar en Viveiro a partir do próximo 28 de maio.

“Fronte a unha alcaldesa que non só non promove realizacións importantes na vila, senón que nin come nin deixa comer, como vemos no bloqueo da nova variante, Mariña Gueimunde sempre destacou polo seu compromiso con Viveiro en todos os foros nos que participou”, di a secretaria xeral dos populares galegos.

Así, relata Paula Prado que tanto no seu desempeño como concelleira, como senadora ou como xefa territorial de Educación puxo sempre por riba as demandas da vila, como demostran, por exemplo, as inversións nos centros educativos feitos durante o seu último cargo.

Pola súa banda, a candidata á alcaldía Mariña Gueimunde sinala que “Viveiro precisa restablecer as relacións institucionais con outras administracións e fortalecer as súas infraestruturas para deixar atrás a decadencia e deterioro ao que a teñen sometida nos últimos anos”.

Engade a candidata popular á alcaldía que “o traballo, o esforzo e o compromiso son claves para reiniciar unha senda de recuperación este domingo no que Viveiro se xoga o seu futuro”.