Skip to main content
Viveiro

Os socialistas de Viveiro anuncian varias actuacións en Granxas, Covas

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

Os socialistas de Viveiro anuncian varias actuacións en Granxas, Covas, para renovar diferentes viais e mellorar os servizos públicos.

“Son proxectos que xa temos pechados dentro do Plan Único da Deputación, obras necesarias nesta zona do concello”, asegura María Loureiro, candidata socialista á alcaldía de Viveiro.

As actuacións serán na Travesía Ramón Canosa, Rúa Granxas B, Rúa Granxas C e Rúa Granxas D, viais moi concurridos pola súa proximidade á praia de Covas e a existencia na zona de numerosos edificios de vivendas e establecimientos comerciais.

“As obras consistirán na pavimentación dos viais e na renovación da rede de saneamento, rede separativa de pluviais e a rede de abastecemento de auga”, explica Loureiro.

“Damos resposta ás demandas veciñais e continuamos co noso plan de mellora continua dos servizos e infraestrtuturas públicas en todo o concello”, engade a candidata socialista.