Skip to main content
Axenda CaducadaXove

O domingo 21 de maio será XXV Feira Nacional de Gando Cabalar de A Medela de Xove

Por 8 Maio, 2023Maio 9th, 2023Sin comentarios

A asociación equina A Medela de Xove organiza para o vindeiro domingo 21 de maio a XXV Feira Nacional de Gando Cabalar.

A apertura do recinto para a presentación dos participantes e as medicións dos cabalos será de 9.30 a 10.45 horas, e acto seguido darán comezo as probas de serrada -1.5 metros e chapeada -1.5 metros.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, continuarán co xogo de barrís e as probas de serrada +1.5 metros, ás 16.30 horas, chapeada +1.5 metros, ás 18.00 horas, galope cruzados +1.5 metros, ás 19.00 horas, e galope +1.5 metros, ás 19.30 horas. Os premios entregaranse ás 20.00 horas e sortearase un xato.

Para participar será necesaria a previa inscrición mediante Whatsapp do 13 ao 17 de maio no 658 032 019. Tamén haberá xantar a cargo de O Botiquín Casabella.