Skip to main content
Comarca LUGOXA

Consulta os resultados das eleccións municipais 2023 nos concellos do centro da provincia

Por 29 Maio, 2023Xuño 1st, 2023Sin comentarios

En Lugo Elena Candia acada dous concelleiros máis para o Partido Popular con respecto ás pasadas eleccións do 2019. Pola súa parte o PSOE e o BNG manteñen a representación con oitos edís para os socialistas e cinco para a agrupación nacionalista. Nesta cita coas urnas Ciudadanos perde os dous concelleiros e queda sen representación, como o resto de partidos que se presentaron. 

Na comarca de Lugo, En Castro de Rei o PP mantense con Francisco Balado e gaña un concelleiro o BNG, que perde o PSOE. En Outeiro de Rei todo segue igual con maioría de José Pardo. Francisco Fernández Montes queda fóra da Alcaldía de Rábade xa que o PP obtivo a maioría absoluta tras perder un concelleiro o grupo independente. En Pol poucos cambios, Lino Rodríguez perde un concelleiro en favor do PP pero ten maioría abrumadora para gobernar. José Ángel Santos, en Friol, mantén unha abrumadora maioría co escrutinio sen terminar, a mesma que nas últimas eleccións, pero é o BNG o que ten a representación que perde o PSOE.

Na Fonsagrada o Partido Socialista obten a maioría absoluta cun total de sete concelleiros, dous máis que nas pasadas eleccións, mentres que o Partido Popular queda con catro e o BNG sen representación. 

En Antas de Ulla nun último xiro de resultados, o PP non logra a maioría absoluta polo que accede á Alcaldía a socialista Pilar García Porto con 5 concelleiros deixando catro para o PP. 

O PP consegue tamén a maioría absoluta con cinco concelleiros nas Nogais e deixa con dous aos socialistas que perden un con respecto ás pasadas eleccións. 

En Baralla o PP gorbenará cunha cómoda maioria tendo dez concelleiros dun total de once e quedando o PSOE con só un representante. En Baleira repiten tamén maioría os populares con seis concelleiros quedando na oposición dous para o PSOE e un para o BNG. 

En Becerreá os independentes quedan sin a maioría absluta con cinco concelleiros para Contamos; o Partido Popular e o BNG soben quedando catro concelleiros para os populares e dous para os nacionalistas. Pola súa parte, o PSOE queda sen representación.

O PSOE baixa en Castroverde e mantén pola mínima a maioría absoluta con seis concelleiros, o PP queda con catro e o BNG con un. Nunha situación similar quedan os socialistas en Cervantes que manteñen a maioría pero perden un concelleiro en favor dos populares.

No concello de Guntín o Partido Popular mantén a tendencia ascendente que ven tendo nas catro últimas citas coas urnas e nesta ocasión consegue unha avultada diferenza fronte aos socialistas, quedando o concello repartido en dez edís para o PP e un para o PSOE. 

Voto moi repartido en Monterroso, cunha maioría que será difícil de conseguir Goberno e onde cinco partidos políticos obteñen representación. PP e PSOE quedan con tres concelleiros os dous partidos independentes reparten catro e o BNG obtén un concelleiro. 

En Navia de Suarna o BNG queda sen representación e a maioría absoluta é para o PSOE con cinco concelleiros fronte a dous do PP. En Negueira de Muñiz tamén queda a maioría para o PSOE con catro edís e un para os independentes. 

Ciudadanos desaparece tamén no Corgo en favor do PP que obtén a maioría absoluta. Os populares acadan tamén a maioría en Palas de Rei e Portomarín onde gañan un concelleiro en cada un e queda sen representación o BNG en ambos. 

Ribeira de Piquín repite resultados cunha ampla maioría do PSOE con seis concelleiros fronte a un do PP. En Pedrafita a maioría tamén é para o PSOE con pleno de concelleiros para os socialistas. 

Concello Concelleiros totais Concelleiros maioría PSOE PP BNG Ciudadanos Contamos Independientes Podemos VOX
A Fonsagrada 11 6 7 3 1
Antas de Ulla 9 5 5 4
As Nogais 7 4 2 5
Baralla 11 6 1 10
Baleira 9 5 2 6 1
Becerreá 11 6 0 4 2 5 0
Castroverde 11 6 6 4 1
Castro de Rei 13 7 3 8 2 0
Cervantes 9 5 5 4 0
Friol 11 6 0 10 1
Guntín 11 6 1 10 0
Lugo 25 13 8 12 5 0 0 0 0 0
Monterroso 11 6 3 3 1 2 (IM) + 2 (GLG)
Navia de Suarna 7 4 5 2 0
Negueira de Muñiz 5 3 4 0 0 1
O Corgo 11 6 2 8 1 0
Outeiro de Rei 13 7 1 9 3 0
Palas de Rei 11 6 3 8 0
Pedrafita 7 4 7 0 0
Pol 9 5 6 2 1
Portomarín 9 5 3 6 0
Rábade 9 5 1 5 0 3 0 0
Ribeira de Piquín 7 4 6 1 0