Skip to main content
Lugo

Unhas trescentas palilleiras de toda Galicia participan no PalillAD

Por 28 Maio, 2023Maio 29th, 2023Sin comentarios

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro achegouse onte á Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, que reuniu unha trescentas palilleiras de toda Galicia na Praza de Abastos de Lugo.

A xornada, organizada pola asociación lucense Agulla Máxica coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño, convocou palilleiras das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, e tamén de Vigo, Silleda, Ourense, Betanzos, Oleiros, Valdoviño, Cambre, Camariñas, Arteixo ou Cambados, propiciando unhas horas de convivencia e
intercambio de experiencias e técnicas ao redor do encaixe de palillos.

Maite Ferreiro, que estivo acompañada pola concelleira de Participación Cristina López, deu a benvida a Lugo ás participantes, das que destacou a dedicación para manter viva e transmitir esta técnica tradicional que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño ou a decoración”.