Skip to main content
Publirreportaje LUGOXAPublirreportaje TERRACHÁXA

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 17 Maio, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 18 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

As Pontes

16.00 A Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, visitará As Pontes e manterá un encontro co secretario xeral do PSdeG e alcalde, Valentín G. Formoso, e un grupo de empresarios.

Lugo

18.30 A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, visitará a Intermodal coa alcaldesa de Lugo e candidata á reelección, Lara Méndez. Estación de tren.

Monforte de Lemos

21.00 h. Mitin do Alcalde, José Tomé Roca, e tamén presidente da Deputación e Secretario Xeral do PSdeG na provincia, xunto ó delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, a Voceira da Deputación, Secretaria de Organización na provincia e candidata socialista á Alcaldía en Antas de Ulla, Pilar García Porto, e a número 2 da candidatura monfortina, Gloria Prada. Manuel Bistró (rúa Duquesa, 62).

Castro de Rei

21.00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Alba Sinde, xunto á deputada no Congreso, Ana Prieto, e o portavoz no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez. Teleclub (Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo).

PARTIDO POPULAR

Viveiro

12.00 A responsable de Mar do Goberno galego, Rosa Quintana; e o coordinador xeral do PP da provincia e presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; participarán nun encontro con representantes do sector pesqueiro xunto á candidata do PP á alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde. Restaurante Boa Vista – Celeiro.

Ribadeo

17.00 A responsable de Mar do Goberno galego, Rosa Quintana; e o coordinador xeral do PP da provincia e presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; participarán nun encontro con representantes do sector pesqueiro xunto ao candidato do PP á alcaldía de Ribadeo, Dani Vega. Inmediacións da lonxa.

Cervantes

18.00 A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participará nunha visita a Cervantes xunto ao candidato do PP á alcaldía, Óscar Fernández, e a deputada autonómica e integrante da candidatura, Encarna Amigo. Albergue de Montaña Club Ancares.

Lugo

19.30 Mitin en Fontiñas, Montirón e Castelo. Centro de convivenia Maruja Mallo.

Meira

19.30 O responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González, e o coordinador do PP lucense, José Manuel Balseiro, participarán nun encontro informativo sobre concentracións parcelarias xunto ao candidato do PP á alcaldía de Meira, Óscar Fernández. Taberna da Louseira.

As Nogais

20.00 A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía das Nogais, Jesús Manuel Núñez. Salón de actos do Centro Sociocultural.

Trabada

21.00 O responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González; o coordinador do PP lucense, José Manuel Balseiro; e o deputado mariñán no Congreso, Jaime De Olano, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández. Salón de Actos da Casa da Cultura.

BNG

Lugo

11.30 Declaracións sobre a Rolda Leste e a defensa da zona do río Rato como pulmón verde de Lugo. Participan Ana Miranda, eurodeputada do BNG, e Rubén Arroxo, candidato do BNG á Alcaldía de Lugo. Paseo do río Rato, aparcadoiro no cruce coa av de Madrid.

Foz

20.30 Acto público en Foz. Con Zoraida Coira, nº 4 da candidatura; Daniel Castro, deputado no Parlamento de Galiza; Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, e Francisco Xavier Fanego, candidato á Alcaldía.

 

PODEMOS

Lugo

17.00

Encontro da candidata e parte da candidatura, coa veciñanza e reparto de información polas rúas Camiño Real, rúa Ourense, Rúa Pontevedra, Rúa Mondoñedo, barrio de San Antonio e ata a Abella.

 

CIUDADANOS

Lugo

20.00 Cañas ciudadanas na Milagrosa. Barrio da Milagrosa.