Skip to main content
Publirreportaje LUGOXAPublirreportaje TERRACHÁXA

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 20 Maio, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 20 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Abadín

10,30 h. Encontro do candidato do PSdeG á Alcaldía, Pablo Díaz, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o sSecretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, con veciños e veciñas da localidade. Bar Niza.

Burela

12,15 h. Encontro da candidata do PSdeG á Alcaldía, Carmela López, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, con veciños e veciñas no XIII Encontro de Palilleiras de Burela. Nave de Redes do Porto de Burela.

Barreiros

14,00 h. Encontro da candidata socialista á Alcaldía, Carmen Veiga, xunto delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, con veciños e veciñas da localidade. Diante do Concello.

Foz

16,30 h. Encontro do candidato do PSdeG á Alcaldía, Francisco Cajoto, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, con veciños e veciñas da localidade. Bispo Santo.

Cervo

18,00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Luján Ramos, no que tamén participará o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, e a deputada Autonómica polo PSdeG, Patricia Otero. Casa do Mar de San Cibrao.

Xove

19,45 h. Encontro da candidata socialista á Alcaldía, Rogelia Mariña, xunto delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, con veciños e veciñas da localidade e outros candidatos e candidatas da comarca. Praia de Lago.

Viveiro

21,00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, María Loureiro, no que tamén participará o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Teatro Pastor Díaz.

Taboada

21,30 h. Mitin do candidato socialista á Alcaldía, Roi Rigueira, no que tamén participará a voceira Socialista do Goberno na Deputación de Lugo e secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, e o exalcalde de Lugo, José López Orozco. Centro Cívico.

 

PARTIDO POPULAR

Burela

10.00 A responsable de Mar do Goberno galego, Rosa Quintana; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta; e o coordinador xeral do PP da provincia e presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego, José Manuel Balseiro; manterán un encontro co sector pesqueiro de Burela xunto ao candidato do PP á alcaldía, Manuel Rouco. Restaurante A Lonxa.

Monforte

12.00 A responsable de Promoción do Emprego e Igualdade do Goberno galego, María Jesús Lorenzana; visitará comercios de Monforte de Lemos xunto á candidata do PP á alcaldía, Katy Varela. Parque dos Condes de Lemos.

Ribadeo

12.00 A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e o senador popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro; intervirán nun mitin xunto ao candidato á alcaldía de Ribadeo, Dani Vega. Cine Teatro.

Muras

12.00 O responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González; e o secretario xeral do PP da provincia, Javier Vázquez Nodal; participarán nunha visita a unha explotación gandeira de Muras xunto á candidata do PP á alcaldía, Eugenia Requeijo. Rebordelos, O Viveiró.

O Valadouro

12:15 horas. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda,  fai un percorrido a pé polo centro de Ferreira do Valadouro. Diante da Oficina de Correos.

Lugo

13.00 Elena Candia asiste ás festas de Santa María de Muxa.

Sarria

14:30 horas. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participará en Sarria nun mitin xunto á candidata do PP á Alcaldía, Carmen José López; e o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro.

Foz

14.30 A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; acompaña ao candidato do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, e ao seu equipo no reparto de propaganda electoral coincidindo coa celebración da romaría do Bispo Santo. Estación de autobuses.

Alfoz

16.30 O responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González; participará nunha visita ás zonas de concentración parcelaria de Alfoz xunto ao candidato do PP á alcaldía, Juanjo Fraga. Diante a Casa do Concello.

Mondoñedo

18.30 A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; participará en Mondoñedo nunha reunión con afiliados e simpatizantes xunto ao candidato do PP á alcaldía, Manuel Otero. Praza do Concello.

O Saviñao

21.00 O portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy; e o senador popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro; intervirán nun mitin xunto ao candidato á alcaldía do Saviñao, Carlos Armesto. Auditorio municipal.

Samos

21.30 O responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González; e o secretario xeral do PP da provincia, Javier Vázquez Nodal; participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Samos, Miguel Gallego. Restaurante A Veiga.

Bóveda

21.30 O vicepresidente do PP lucense e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde; e o secretario xeral do PP da provincia, Javier Vázquez Nodal, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Bóveda, José Manuel Arias. Restaurante A Veiga.

Xermade

21.30 A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro; participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Xermade, Antonio Riveira. Sala da biblioteca pública municipal.

Folgoso do Courel

23.00 O vicepresidente do PP lucense e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde; participará nunha cea mitin xunto á candidata do PP á alcaldía de Folgoso do Courel, Lola Castro. Mesón O Mirador.

 

BNG

Lugo

12.00 Mobilización da Veciñanza de Nadela fronte ás emisións contaminantes de Tableros Hispanos. Rubén Arroxo, candidato do BNG á alcaldía de Lugo, integrantes da candidatura e militancia do BNG.

Friol

17.00 Festa das letras. Xose Luis Rivas “Mini”, Ada Blanco candidata á alcadía de Friol

Vilalba

20.00 Acto Público aberto. Maite Ferreiro, Olalla Ródil e Tino Alvite candidata á alcaldía de Vilalba. Praza da Constitución.

Lugo

20.00 Encontro do candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo coa veciñanza da Milagrosa. Praza Agro do Rolo

Piornedo

21.00 Polavila. Integrantes da candidatura.

PODEMOS

Lugo

17.00 Saída desde á Praza do QM100 na Rolda das Fontiñas para Roteiro polo Río Rato, que contará coa presenza de Chus Rodríguez e o deputado de Unidas Podemos Antón Gómez Reino.

CIUDADANOS

Lugo

16.30 Paseo polo barrio do Carme con afiliados.

21.30 Cea ciudadana na Taberna Pajón.