Skip to main content
Comarca LUGOXAO Saviñao

A Deputación aproba investimentos en vías de seis concellos do centro e sur da provincia

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación sacou adiante a licitación de obras en Ribeira de Piquín por un importe de 120.000€ para a renovación da estrada LU-P-4606, que vai de Rioxoán, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido, a Asturias, nun treito de 7 quilómetros, entre os puntos quilométricos 15,980 e 23,130.

Na reunión, o Executivo aprobou tamén licitar por 65.000€ o contrato para a reposición da sinalización horizontal da LU-P-0708, que une Cereixal con Louxas, dende o inicio da vía ata o quilómetro 26, e que dá servizo aos concellos de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Ademais, acordou a licitación das obras para o acondicionamento do firme de dúas estradas provinciais no Saviñao por un importe conxunto superior aos 176.000€.  Trátase, por un lado, da mellora da vía de Lamaquebrada a Montecelo, a LU-P-5807, nun treito de 6 quilómetros desde o inicio da vía; e, por outro lado, da mellora dos primeiros 5 quilómetros da LU-P-5808, que pasa polo lugar de Valiñocobo.