Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Charli, de Carabullo, e os Troitas Bravas fixéronse coa Liga Nacional de Billarda 2023 nas diferentes categorías

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

Por Daniel Rodríguez Saavedra da Asociación O Varal.

Un ano mais remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle. Sete grupos, por orden de clasificación que foron liquidando as carreiras alternativamente, deixando para o final o grupo dos mellor clasificados e así poder desfrutar todos da emoción da loita por acadar o podio (neste caso centrada so no segundo e terceiro chanzo xa que o gañador estaba definido: o gran Charli de Carabullo era xa o campión.

Remataron empatados Sachas de Troitas Bravas e Gundar de Madía Leva e foi o das Troitas Bravas quen se ergueu o segundo posto por ter mellor coeficiente de puntuación nas xornadas da tempada.

A xornada gañouña con todo merecemento Aroa de Billardeiros Musicais logo de superar nun desempate a Isma de Carabullo. Os dous acadaron 23 puntos. O terceiro posto foi para o xoven Gundar de Madia leva.

En donas a clasificación xeral xa estaba tamén definida con Aroa e Geni de Billardeiros Musicais e Irea de Carabaullo.

Tamén na categoría infantil estaba todo o pescado vendido. Diego e Mateu de Madia Leva e Antía de Troitas Bravas foron os mellores da tempada.

E para non ser menos, en equipos ningunha novidade, Troitas Bravas foron os gañadores da xornada e campións da tempada, escoltados por Carabullo e Billardeiros Musicais no segundos e terceiro posto.

En varados Manu Caldeiro de Billarda Verde era o amo e hoxe demostroudo acadando un espectacular novo tiro directo e remata a tempada con 4, so Sachas e David Navallo, os dous de Troitas Bravas, o acompañaron con un varado cada un.

Ca torrezmada de costume e o lacón que aportou Carlos Alvariño rematamos a tempada oficial ca entrega de agasallos os gañadores.

Absoluta:

1º Charli Carabullo 276 p.

2º Sachas Troitas Bravas 228 p.

3º Gundar Madia Leva 228 p

Donas:

1ª Aroa Billardeiros Musicais 182 p.

2ª Geni Billardeiros Musicais 153 p.

3ª Irea Carabullo 107 p.

Infantil:

1ª  Mateu Madia Leva 153 p.

2º Diego Madia Leva 136 p.

3ª Antía Troitas Bravas  88 p.

Equipos:

1º Troitas Bravas de A Pontenova 936 p.

2º Carabullo de Ponte de Outeiro 899 p.

3ª Billardeiros Musicais de Ribadeo 864 p.