Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Tomé valora positivamente a campaña dos socialistas e espera bos resultados nas urnas

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

O secretario Xeral do PSdeG na provincia, que felicitou ós candidatas e candidatas e ós seus equipos polo labor realizado, destacou a importante afluencia de xente que acudiu ós numerosos actos celebrados por toda a provincia.

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, fixo hoxe un balance da campaña electoral “valorando dun xeito moi positivo o traballo que os socialistas fixemos durante este tempo”. O partido demostrou a súa “forza como organización, a súa unidade e a súa capacidade de traballo” para “trasladar a todos os veciños e veciñas as nosas ideas e un proxecto que non ten outro obxectivo que mellorar a vida da xente, situando ás persoas no centro de todas as políticas”, destacou José Tomé.

“Temos os mellores candidatos e candidatas, e fixemos unha gran campaña, en positivo, con propostas, na que explicamos o traballo feito, e na que expuxemos o proxecto de futuro que temos para cada un dos 67 concellos da provincia; ilusionante e mobilizadora, que foi moi ben acollida polos veciños”, pois asistiu “moita xente a todos os actos que celebramos por todo o largo e ancho da nosa provincia, que foron moitos”, subliñou o líder socialista.

“A xente transmítenos ganas de que sigamos gobernando alí onde xa o facemos e ganas de cambio onde non gobernamos, porque somos a única opción política que garante o progreso e o futuro desta provincia”, asegurou José Tomé, quen deu os parabéns a todos os candidatos e candidatas e ós seus equipos, mostrando “a convicción e a plena confianza de que todo o traballo que fixemos os compañeiros e compañeiras socialistas vaise traducir o vindeiro domingo nuns bos resultados para o Partido Socialista nas urnas: manteremos as alcaldías que demos, gañaremos outras e manteremos o Goberno da Deputación de Lugo”.