Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

A UNED de Lugo abre o prazo de inscrición para os mestrados universitarios

Por 28 Maio, 2023Sin comentarios

A UNED Lugo abriu o prazo ordinario de preinscrición e admisión para Mestrados Universitarios Oficiais, que é do 22 de maio ao 6 de xullo de 2023. Coa excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza antes, o 6 de xuño de 2023.

  • Estudos de Xénero
  • Formación de Profesores de Español como Segunda Lingua
  • Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
  • Enxeñaría e Ciencia de Datos
  • Intervención Educativa en Contextos Sociais
  • Investigación en Historia da arte
  • Investigación en Intelixencia Artificial.
  • Políticas Sociais e Dependencia
  • Prevención de Riscos Laborais; Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
  • Psicoloxía Xeral Sanitaria

Pódense consultar aquí as guías de Másteres oficiales neste enlace.

As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente online. Deben ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado para poder realizar a proposta de materias de forma correcta.