Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Milagrosa regresa á Primeira Autonómica

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

Tras varios anos de espera o equipo sénior do club lugués da Milagrosa regresa á Primeira Autonómica tras unha fase agónica de ascenso nos play off.

O equipo albivermello tiña gañas de volver ao máis alto do fútbol afeccionado e puido cantar vitoria este domingo na Reigosa.

Tras unha boa tempada, o Milagrosa clasificouse para os play off polo ascenso xa que o pase directo non puido ser. Así, comezou un proceso durísimo no que en dobre partido desfíxose en semifinais do Becerreá nos penaltis xa que os dous duelos remataron en empate (3-3 e 5-5). Na final co Friol, o lugués sacou vantaxe no primeiro duelo, que venceu pola mínima (1-0) e na volta acabaron en empate polo que o albivermello fixo valer ese gol para facerse co pase á Primeira Autonómica.

O partido estivo máis de cara para o Milagrosa, que viu como o Friol empataba no desconto, malia que non lle servía para forzar a prórroga. Partido moi tenso no que o árbitro acabou expulsando aos dous delegados de campo.