Skip to main content
Antas de Ulla

O PP de Antas presenta a súa candidatura ás eleccións

O Partido Popular de Antas de Ulla presenta a candidatura coa que concorrerá nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. O actual alcalde, Javier Varela, destaca que a lista confórmana “un equipo de persoas preparado para seguir gobernando en favor dos nosos veciños, con experiencia e formación en distintos eidos de relevancia para nós”.

A lista, que está composta por 15 persoas, ten unha representación de distintos eidos con relevancia para o municipio e experiencia na xestión de recursos. “Queremos aspirar a revalidar a alcaldía e seguir traballando por e para Antas de Ulla e dar resposta ás necesidades da xente como xa fixemos durante todos estes anos e especialmente na pandemia”, di Varela.

Por outra banda, co seu proxecto político Varela pretende seguir impulsando proxectos de calado para o municipio da man da Xunta de Galicia como é a reforma da residencia e a construción do novo centro de saúde

Lista Completa

  1. Javier Varela Pérez
  2. José Robustiano Taboada Frías
  3. José Luis García Cabanas
  4. Luis Alberto Galego Carnero
  5. Armando Cagide González
  6. Santiago Sarandeses Vila
  7. María Guerra Portomeñen
  8. Ernesto Val Vázquez
  9. Luis Ouro García

Suplentes

  • Alicia González Rodríguez;
  • José Ángel López Otero
  • José Antonio Almuíña Seoane
  • José Luis Lamazares García
  • José Manuel Seijas Pérez
  • Gonzalo Gabino Sánchez Vilariño