Skip to main content
Becerreá

Becerreá xa ten programa para as festas do San Xoan

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

Becerreá celebra as festas de San Xoán os días 23, 24 e 25 de xuño.

As celebracións darán comezo o venres 23 ás 21.20 cun chupinazo para continuar ás 21.30 co pregón a cargo de Xesús Bermúdez Tellado, poeta galego.

O encendido da fogueira de San Xoán terá lugar ás 22.00 e haberá unha sardiñada popular amenizada polo grupo de gaitas Eche o que hai e Son de cores.

A verbena da noite dará comezo ás 00.00 a cargo da Disco Móbil Mega CDC.

O sábado a xornada dará comezo ás 13.00 cunha misa con procesión para continuar ás 14.00 cunha actuación da Banda de Música de Sober no atrio da igrexa.

Ás 19.00 haberá unha foliada na que participaras os grupos Os Xardois de Cervantes, Abrente das Nogais e Toxo Queimado do Cádavo.

Furia Joven será a orquestra encarga de amenizar a verbena da noite que dará comezo ás 23.30.

Na tarde do domingo, entre as 18.00 e as 21.00 haberá atraccións e chocolatada gratis para os máis pequenos.

Ás 19.00 terá lugar un concurso de tortillas e doces caseiros amenizado coa actuación da Charanga Europa. Xa pola noite, a partir das 23.30 finalizarán as festas cunha verbena a cargo do Dúo Estrellas.