Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Goberno celebra esta fin de semana as súas festas

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana a parroquia de Goberno, en Castro de Rei, celebra as súas festas parroquiais na honra a San Martiño.

O sábado dará comezo cunha misa con procesión ás 13.00 para continuar cunha sesión vermú a cargo de Los Españoles.

A partir das 17.30 haberá unha festa infantil a cargo de Vingolea a xa pola noite a verbena contará coas actuacións de Marta Pacín, Los Españoles, e o grupo Tania Veiras.

O domingo ás 12.00 comezará o día cun pasacalles a cargo dos Valuros e a continuación a misa ás 13.30. A sesión vermú de fin de festa estará a cargo do grupo Tania Veiras.