Skip to main content
Castroverde

Castroverde: PP e BNG buscan a derrota do histórico goberno de Arias García

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

Xosé María Arias García, gandeiro de profesión, accedeu á Alcaldía de Castroverde no ano 1997 tras unha moción de censura ao entón alcalde nacionalista Miguel Roberto Rodríguez. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Castroverde e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BNG e tras as eleccións celebradas no ano 2003 é rexedor cunha maioría absoluta contando cun total de cinco maiorías absolutas consecutivas no municipio.

Para as eleccións que se celebrarán este próximo 28 de maio o Partido Socialista renova a súa confianza no actual alcalde que conta xa con 26 no cargo.

Xosé María Arias declarou que quere “seguir construíndo o futuro do meu pobo” e “seguir gobernando para impulsar proxectos e iniciativas que redunden no benestar da veciñanza”. Ademais o candidato explicou que “está impulsando dende o Concello novas dotacións e equipamentos para os veciños e veciñas, como son as obras de ampliación e mellora do centro sociocultural”.

Nas eleccións do 2019 o Partido Socialista fíxose coa maioría absoluta conseguindo nove dos once concelleiros, e os outros dous restantes repartíronse entre o Bloque Nacionalista Galego como segunda forza máis votada e o Partido Popular como terceira.

A diferenza de votos entre BNG e PP foi mínima e así os nacionalistas conseguiron un total de 252 votos fronte aos populares, que acadaron un total de 209 votos.

O BNG renova a súa confianza na candidata á Alcadía Iria Castro, que se presenta por segunda vez como cabeza de lista. A alcaldable anunciou que “imos liderar un goberno municipal que impulse Castroverde, desenvolvendo o seu potencial e afondando na mellora da vida da súa veciñanza”.
Ademais a candidata do BNG destacou que “temos un proxecto capaz de construír un novo modelo, que faga revitalizar este concello e que a xente sinta orgullo de vivir e traballar en Castroverde”.

Pola súa parte o Partido Popular conta cun novo cabeza de lista, Pablo Figueras, avogado de profesión e moi vinculado coa hostalaría local.

Así Pablo Figueras manifestou o seu compromiso para “impulsar proxectos que permitan crear postos de traballo, dar un mellor servizo ás persoas maiores, máis facilidades ás empresas que temos e ser os aliados do noso sector primario, que é do que vivides a maior parte dos veciños” ademais o alcaldable engadiu “Castroverde ten que evolucionar máis, ten que ter tamén mellores prestacións e mellores comunicacións. Recursos para elo temos, pero falta esa persoa que sexa capaz de facelo realidade. Con total humildade considero que estou á altura”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Xosé María Arias Fernández
2. María del Pilar Ferreiro Villar
3. Alberto Castro Sal
4. Remigio Lence Pallín
5. María Luisa Freire Cordero
6. David Boudón Méndez
7. Mónica Díaz Vidueira
8. Mª Pilar Alicia Carballedo Portela
9. Ángel Ferreiro Ramos
10. Celso Docando Bouzas
11. María Jesús Pérez Castro
Suplentes
1. Eduardo Álvarez López
2. María José Álvarez Arias
3. Armando Polín Rodríguez

PP

1. Pablo Figueiras Reguera
2. Ricardo Antonio Díaz Fernández
3. José Manuel Rey Vázquez
4. Óscar Pérez Cascudo
5. Jesús Moreira Fernández
6. Manuel Veiga López
7. María Josefa Gómez Pallín
8. Jesús Fernández Besteiro
9. Manuel Rodríguez Varela
10. Manuel Ángel Neira López
11. María Jesús Díaz Novo
Suplentes
1. César Marey Vivero
2. José Rielo Álvarez
3. Domingo Pereira Domínguez
4. José Muñiz Besteiro
5. Ovidio Figueiras Moinelo

BNG

1. Iria Castro Fernández
2. María Cando Mouriz
3. Gutier Ferreiro Fernández
4. Laura Arrojo Reguera
5. Pablo González Pérez
6. María Luisa Álvarez Fouz
7. Juan Carlos Muñiz Besteiro
8. Mª Yolanda Carpintero González
9. José Luís Souto Carrera
10. Natalia Penelo Díaz
11. José Gómez Fernández
Suplentes
1. Enrique López Sánchez