Skip to main content
Cervantes

O PP de Cervantes presenta a súa candidatura

O PP de Cervantes presenta, de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, unha candidatura renovada que conta con xente nova e incorpora a un importante número de mulleres. Trátase dun “equipo de 15 persoas moi activas e implicadas con Cervantes, que representan aos distintos lugares e a diferentes sectores económicos de especial importancia para o concello”.

O candidato popular, Óscar Fernández, agradece a todas as persoas que aceptaron formar parte deste “proxecto de equipo” que ten como obxectivo “construír entre todos o futuro do noso concello dende o traballo, a humildade coma uns veciños máis de Cervantes, a vontade de atender a toda a veciñanza e o respecto ás persoas e ao territorio”.

O equipo do Partido Popular defende “impulsar o desenvolvemento do territorio, ser útil para os veciños, apoiar as súas actividades económicas e sociais e, sobre todo, velar pola súa atención” tanto a nivel social -co servizo de axuda aos maiores nas súas casas e a atención a calquera persoa que o precise- coma a nivel administrativo – no relacionado con xestións e a relación coas distintas administracións-.

CANDIDATURA COMPLETA

  1. Óscar Fernández Gómez (San Pedro de Cervantes)
  2. María Encarnación Amigo Díaz (Cabanas Antigas)
  3. David Pérez López (Poso)
  4. Laura Florinda Pérez Beatriz (Santo Tomé)
  5. Isaac González López (Vilarnovo)
  6. Tania Santín Groba (San Miguel)
  7. Fermín Rodríguez López (Degrada)
  8. Javier González Méndez (Robledo de Donís)
  9. Fidel Trabado Pérez (Valgos)

Suplentes:

  • José Manuel Salgado Comuñas (Vilarello da Igrexa)
  • Marina Cristina Gómez Gómez (Vilaxán)
  • Carlos González Méndez (Chandeiro)
  • Tania Mancebo Mouriz (San Pedro de Cervantes)
  • Fidel Rodríguez Lopez (Piornedo)
  • Javier Santín Vilor (Villaluz)